O domingo entréganse os premios aos campións desta proba deportiva, disputada por 140 parellas

Os gañadores do torneo de pádel solidario, organizado por ASPACE-Galicia (Federación Galega de parálise Cerebral) recibirán o domingo ás 19 horas os seus trofeos, nas pistas do club School Padel Center Indoor de Narón, sede desta competición de carácter solidario.

Os participantes competiron nas categorías masculina, feminina, mixta e consolación. A entrega de premios contará coa presenza de representantes do Concello de Narón, de ASPACE-Galicia e das empresas patrocinadoras, que acudiron para apoiar esta iniciativa en favor das persoas con parálise cerebral.

A finalidade do Circuito de pádel de ASPACE pola parálise cerebral, na que se inscribe este torneo, é recadar fondos para a financiamento dos programas e servizos que ofrece a Federación ASPACE-Galicia a persoas con parálise cerebral e as súas familias.

Coa proba de Narón inaugurouse o Circuíto 2013, que na súa edición anterior percorreu as localidades de Nigrán, Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp