Máis de 250 persoas compiten por unha causa solidaria
+O club School Padel Center Indoor de Narón acolle o torneo

Máis de 250 persoas inscribíronse na primeira proba do Circuíto de Padel ASPACE en beneficio das persoas con parálise cerebral de Galicia, que empeza mañá xoves en Narón (A Coruña).

Esta competición deportiva e solidaria, que se desenvolverá do 17 ao 20 de xaneiro, está organizada por ASPACE-Galicia no club School Padel Center Indoor.

O obxectivo deste torneo é recadar fondos para a financiamento dos programas e servizos que ASPACE-Galicia desenvolve para a mellora da calidade de vida do colectivo de persoas con parálise cerebral en Galicia. Esta é a segunda edición do Circuíto, que no 2012 percorreu as localidades de Nigrán, Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.

Cada xogador recibiu coa inscrición unha camiseta conmemorativa e un bono-spa para dúas persoas. Os gañadores de cada unha das cinco categorías –masculina, feminina, mixta, empresas e consolación- recibirán un trofeo.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp