O club Arousa Padel será a sede dos partidos da proba, do 27 ao 29 de decembro. As inscricións xa están abertas

Coa finalidade de recadar fondos para o financiamento dos programas a favor de persoas con parálise cerebral en Galicia, continua o Circuíto de Pádel Solidario en Vilagarcía de Arousa, nas pistas do club Arousa Padel, que se celebrará do 27 ao 29 de decembro.

Esta é a cuarta proba do Circuíto de Pádel Solidario organizado por ASPACE-Galicia, que xa pasou previamente por Santiago de Compostela, A Coruña e Pontevedra, e nas que xa participaron máis de 300 persoas.

As inscricións para participar no torneo poden realizarse ata o mércores 26 de decembro a través da páxina www.doblered.es ou no propio club. A proba contará con catro categorías: masculina, feminina, mixta e consolación.
A inscrición no torneo custa 15 euros, e cada xogador recibirá unha camiseta conmemorativa e un bono-spa no hotel Vilavella.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp