A sede da Federación Galega de Parálise Cerebral, en Santa María de Xeve, acolle as probas correspondentes ao nivel 2

       

Cinco usuarios da Federación ASPACE-Galicia realizarán mañá as probas en competencias clave, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, e que permiten acceder ás persoas sen titulación á formación para o emprego asociada aos Certificados  de profesionalidade.

Estas probas realizaranse na sede da Federación, na parroquia de Santa María de Xeve, Pontevedra, a partir das 10.00 horas.

Os usuarios da entidade terán que amosar os seus coñecementos en lingua castelá, lingua galega, matemáticas e competencia dixital. As competencias clave son contidos de formación básica que aseguran os coñecementos precisos para cursar con proveito a formación para o emprego correspondente aos novos certificados de profesionalidade.

A suspensión destas probas de competencias clave permitirá aos usuarios da Federación ASPACE-Galicia acceder aos cursos de certificados de profesionalidade da Xunta de Galicia, que non poden cursar actualmente por non poder acreditar que dispoñen dunha formación básica para acceder aos mesmos.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp