+Triemociones e ASPACE-Galicia únense para potenciar o turismo rural máis solidario na provincia da Coruña
+Con cada reserva hoteleira contribuirase a financiar programas para persoas con parálise cerebral
Triemociones e ASPACE-Galicia chegaron a un acordo de colaboración para doar parte das reservas en casas de turismo rural que se realicen ata o 6 de decembro para o financiamento dos programas a favor das persoas con parálise cerebral en Galicia.
Triemociones, creada a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, agrupa seis casas de turismo rural, restaurantes e empresas de lecer e aventura da zona, repartidas nunha decena de concellos do interior da provincia da Coruña. Ata o 6 de decembro daranse á tarefa de promover o turismo rural na súa vertente máis solidaria, grazas a esta alianza coa federación ASPACE-Galicia.
Pódese recibir máis información a través do correo electrónico triemocion@gmail.com e na páxina de Facebook de Triemociones.