Un total de 30 parellas competiron durante toda a semana. As probas do circuíto continuarán noutras cidades de Galicia nos próximos meses
As instalacións do club Let Padel Ames foron escenario da clausura da primeira proba do Circuito de Pádel Solidario pola parálise cerebral, que se celebrou do 7 ao 14 de outubro na localidade coruñesa de Ames.
Un total de 30 parellas tomaron parte nesta primeira fase do Circuíto, que continuará nos próximos meses nas cidades da Coruña, Pontevedra e Vigo.
O acto de clausura contou coa presenza de Santiago Amor Barreiro, alcalde do Concello de Ames; Ana Prieto, xerente de ASPACE-Galicia e Miguel Martínez, xerente de Let Pádel Ames. Eles foron os encargados de facer entrega dos premios aos gañadores.
Este circuíto ten como finalidade recadar fondos para o financiamento dos programas e servizos que ASPACE-Galicia vén desenvolvendo dende 1999 en beneficio do colectivo de persoas con parálise cerebral de Galicia e as súas familias.