Todos os fondos recadados destinaranse á Federación Galega de Parálise Cerebral

As pistas de Let Padel Ames serán a sede a partir do domingo 7 de outubro da primeira edición do Circuíto de Pádel Solidario pola parálise cerebral, organizado conxuntamente por ASPACE-Galicia e que dará comezo ás 12 da mañá.

O obxectivo deste circuíto é recadar fondos para o financiamento dos programas e servizos que a entidade desenvolve en favor da mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral en Galicia e as súas familias.

Esta iniciativa solidaria é posible grazas á colaboración de Talesport, Nortempo, Hotel Spa Vilavella, Coca-cola e Concello de Ames, patrocinadores do torneo.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp