+Máis de 80 persoas inscribíronse para participar neste torneo solidario
+Todos os fondos recadados se destinarán á Federación ASPACE-Galicia
O Campo de Golf de Meis será a sede mañá da primeira edición do Torneo “Ace pola parálise cerebral” organizado conxuntamente con ASPACE-Galicia, e que dará comezo ás 9.00 horas.
O obxectivo do torneo é recadar fondos para o financiamento dos programas e servizos que a entidade desenvolve a favor da mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral de Galicia e as súas familias.
Un total de 82 persoas inscribíronse para participar nesta primeira edición do torneo ASPACE-Galicia, que nace coa intención de consolidarse no calendario e de se converter nunha proba de referencia dentro do circuíto galego.
Esta iniciativa foi posible grazas á colaboración de Lantero Embalajes, Marketing Tangible, Nortempo, Hotel Spa Vilavella, Coca-Cola, Bodegas Terras Gauda, Vilanova Peña e Bodegas Pazo de Señoráns, patrocinadores do torneo.