++O torneo celebrarase o próximo 22 de agosto a partir das 9.00 horas no Campo de Golf de Meis
+Os fondos recadados irán destinados a financiar os programas e servizos de ASPACE-Galicia

O próximo luns 20 de agosto, ás seis da tarde, finaliza o prazo para inscribirse na primeira edición  do Torneo solidario de Golf “Ace pola parálise cerebral” que  acollerá o Campo de Golf de Meis o día 22 de agosto.

Este torneo organizado por ASPACE-Galicia ten como obxectivo principal recadar fondos para o financiamento dos programas e servizos que a entidade desenvolve en favor da mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral en Galicia e as súas familias. Esta acción está enmarcada dentro dun programa de eventos solidarios orientados a paliar a redución de fondos públicos e a desaparición das obras sociais, principais financiadores da entidade desde a súa fundación a finais da década dos noventa.

O torneo está aberto a xogadores e xogadoras en posesión de licenza federativa en vigor. O custe da inscrición é de 25 euros, tanto para socios como para non socios. Con cada inscrición o xogador recibirá un obsequio de benvida ao cumprimentar a tarxeta de xogo, como agradecemento á súa colaboración e solidariedade. As inscricións pódense realizar directamente no campo ou a través do teléfono 986680400.

Esta primeira edición do torneo conta con tres categorías: cabaleiros, damas e infantil. Os tres mellores clasificados de cada categoría recibirán un trofeo. Ademais haberá premio ao drive máis longo na categoría de cabaleiros e damas, á bola máis próxima ao buraco nas mesmas categorías e un premio especial “Ace pola parálise cerebral” ao primeiro ace conseguido por un xogador durante o torneo.

Esta iniciativa foi posible grazas á colaboración de Lantero Embalajes, Marketing Tangible, Nortempo, Hotel Spa Vilavella, coca-colam Bodegas Terras Gauda, Vilanova Peña e Bodegas Pazo de Señoráns, patrocinadores do torneo.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp