Once novos deseñadores galegos presentarán as súas últimas creacións o próximo xoves, 2 de agosto, ás 22 horas
Unir solidariedade e moda é o leit motiv da primeira edición da PBAPC 2012, a pasarela benéfica de ASPACE, organizada por esta entidade, que se celebra esta noite nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo a partir das 22.00 horas.
O desfile está organizado conxuntamente polo deseñador vigués Jandro Villa, premio nacional ao mellor deseñador novo 2011, e ten como obxectivo principal recadar fondos para financiar os programas e servizos que desenvolve en beneficio do colectivo de persoas con parálise cerebral de Galicia.
Esta iniciativa ten un custo de 10 euros por persoa e a cada asistente se lle fará entrega dun bono spa para dúas persoas no Hotel Spa Vilavella, un dos patrocinadores da pasarela. Pódense adquirir as entradas na Oficina de Turismo de Sanxenxo e no propio Real Club Náutico.
Esta primeira edición conta coa colaboración do Concello de Sanxenxo, da revista Doze Magazine, Krack Zapaterías e Hotel Spa Vilavella.