+Esta primeira edición contou coa participación de 116 deportistas chegados de toda Galicia e de diversas zonas de España
+Brais Misa e María Varela alzáronse co primeiro premio na categoría absoluta masculina e feminina respectivamente

       Máis dun cento de deportistas chegados de toda Galicia e de diversas zonas de España participaron na primeira edición do Duatlón Nocturno Vila de Nigrán, que se celebrou o sábado no núcleo urbano de Panxón para recadar fondos para o colectivo de persoas con parálise cerebral.

Duatlón Nocturno Vila de Nigrán

Organizado por ASPACE-Galicia e colaboración co Concello de Nigrán, o duatlón foi o primeiro destas características que se celebra en Galicia e contemplou as modalidades de carreira a pé e ciclismo.

Brais Misa e María Varela alzáronse co primeiro premio na categoría absoluta masculina e feminina respectivamente. O corredor de Gondomar realizou o mellor tempo percorrendo en pouco máis de 38 minutos os 16 quilómetros  da proba.

Na categoría masculina Veteranos B, Miguel Fernández Pereira fíxose coa primeira praza seguido de José Álvarez Alfonso e Xosé Manuel Rodríguez. Pola súa parte, Luís Paredes impúxose na categoría Veteranos A masculina a Alberto Pena e Raúl Barbeito, que quedaron en segunda e terceira posición. En Veteranos A mulleres, María Varela foi a gañadora impoñéndose a Esther Varela e Sofía González. O gañador da proba Brais Misa tamén se alzou co primeiro premio na categoría Amateur, seguido de Iago Gómez e o piloto de Fórmula Two José Luís Abadín. En mulleres Amateur, Deborah Fernández chegou na primeira posición por diante de Olalla Abolledo e Laura Abolledo, segunda e terceira respectivamente. Alejandro Álvarez impúxose a Adán Nogueira e Jaime Andrade na categoría masculina de promesas. Os Bicivoadores alzáronse co premio ao mellor equipo da competición. Na categoría infantil, a primeira posición foi para Javier González, seguido de Carlos Gutiérrez e Enrique Bobis de Priego.

Ao finalizar a carreira, o local “Playa” acolleu o acto de entrega de premios, no que estiveron presentes Alberto Valverde, alcalde de Nigrán, Liliana Costa, concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, María del Carmen Alonso-Mací, concelleira de Benestar social e Sanidade e Jorge Otero, ex futbolista do R.C. Celta de Vigo.

Esta é a segunda ocasión no presente ano na que o Concello de Nigrán colabora con ASPACE-Galicia para a celebración de evento a favor das persoas con parálise cerebral. No mes de xuño, ambas instirtucións colaboraron no I Torneo de Pádel Soidario que se celebrou nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo en Nigrán.

Nesta ocasión, o I Duatlón conta tamén coa colaboración como patrocinadores do evento de Marketing Tangible, Dando Cancha, Talesport, Gadis, Coca-Cola, Frutas Nieves, Aquabona e Faro de Vigo.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp