+Esta proba deportiva está organizada por ASPACE-Galicia en colaboración co Concello de Nigrán. Terá lugar no núcleo urbano de Panxón a partir das 23.30 horas


+Deportistas chegados de toda Galicia e de diversas zonas de España participarán neste evento deportivo, e a recadación destinarase a persoas afectadas pola parálise cerebral en Galicia

 

ASPACE-Galicia organiza, en colaboración co Concello de Nigrán, o I Duatlón Nocturno solidario, que se celebrará mañá a partir das 23.30 horas no casco urbano de Panxón.

O duatlón, o primeiro nocturno que se realiza en Galicia, contará con atletas chegados de toda a comunidade e de diversos puntos de España que participarán na proba para recadar fondos para o financiamento dos programas e servizos que ASPACE-Galicia desenvolve en beneficio do colectivos de persoas con parálise cerebral.

Esta primeira edición do Duatlón Nocturno Vila de Nigrán contempla as modalidades de ciclismo e carreira a pé, cun prezo de inscrición de 15 euros por persoa, importe que será destinado integramente á asociación.

A actividade está dirixida a todas aquelas persoas con espírito solidario que queiran colaborar co colectivo de persoas con parálise cerebral, sen necesidade de ser deportistas federados. O I Duatlón Nocturno Vila de Nigrán desenvolverase nas categorías de veteranos, absoluta e juniors masculino e feminino. Todos os participantes recibirán como regalo unha camiseta e unha bolsa de corredor e os tres clasificados en cada categoría recibirán medallas e premios.

A saída terá lugar ás 23.30 horas desde o porto de Panxón, cunha primeira carreira a pé de dous quilómetros polo casco urbano, que dará paso ao percorrido en bicicleta, que terá como punto inicial de novo a praza de José Mugines, cunha distancia total de nove quilómetros. Para finalizar a proba, os deportistas deberán percorrer un último tramo a pé de cinco quilómetros que finalizará pro unha carreira polo areal de Praia América e Panxón iluminado con fachos, unha clara homenaxe ás cacharelas de San Xoán tan características do municipio nigranés.

É a segunda ocasión na que ASPACE-Galicia e o Concello de Nigrán colaboran ao longo do presente ano coa celebración de eventos deportivos a favor das persoas con parálise cerebral en Galicia. Nesta ocasión, o I Duatlón conta tamén coa colaboración como patrocinadores do evento de Marketing Tangible, Dando Cancha, Talesport, GAdis, Coca-Cola, Frutas Nieves, Aquabona e Faro de Vigo.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp