O desfile celebrarase na primeira fin de semana de agosto, na localidade pontevedresa de Sanxenxo
ASPACE-Galicia puxo e marcha a primeira edición de PBAPC, Pasarela Benéfica ASPACE, que se celebrará a primeira fin de semana de agosto en Sanxenxo.
O desfile está organizado conxuntamente co deseñador vigués Jandro Villa, premio nacional ao mellor deseñador novo 2011 e ten como obxectivo principal recadar fondos para o financiamento dos programas e servizos que desenvolve en beneficio do colectivo de persoas con parálise cerebral de Galicia.
Esta iniciativa solidaria pretende amosar dun xeito contemporáneo os deseños de novos talentos da moda galega nun acto benéfico fóra do común, ao mesmo tempo que se recadan fondos para ASPACE-Galicia.
Cada un dos deseñadores participantes deberá dispoñer de alomenos seis deseños diferentes. As persoas interesadas en participar no desfile deben facer chegar un dossier cos seus traballos antes do 30 de xuño á organización da pasarela a través do correo comunicacion@aspacegalicia.org indicando no asunto PBAPC 2012.
Unha vez finalizado o prazo, a organización do desfile porase en contacto cos deseñadores seleccionados para participar na pasarela benéfica.