Un total de 400 persoas participaron nesta primeira edición do torneo, o que supón un récord de participación nunha competición de pádel destas características

De éxito rotundo pódese calificar a primeira edición do torneo de pádel solidario pola parálise cerebral que onte pola tarde se clausurou nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo no concello de Nigrán.

Un total de 400 persoas participaron neste torneo, no que se disputaron na  última semana máis de 300 partidos, o que supón un récord de participación nunha competición destas características.

Os fondos recadados a través desta iniciativa deportiva e solidaria serán destinados á financiación dos programas e servizos que ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) desenvolve en beneficio do colectivo de persoas con parálise cerebral de Galicia.

O acto de clausura contou coa participación de Alberto Valverde Pérez, alcalde de Nigrán; María del Carmen Alonso-Macías, concelleira de Benestar Social e Sanidade; Liliana Silva, concelleira de Turismo, Cultura e Deportes; Concepción Somoza Torres, presidenta de ASPACE-Galicia e Franco Cobas González, presidente do Real Club Náutico de Vigo, quen estiveron acompañados por representantes das institución e empresas que colaboraron con este torneo solidario.

Este torneo é o primeiro dun circuíto de pádel solidario que nos próximos meses percorrerá as cidades da Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp