A presidenta de ASPACE-Galicia, Concepción Somoza Torres, e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, asinaron un convenio polo que se comprometen a colaborar na defensa pola igualdade de oportunidades e da integración laboral deste colectivo.

A sinatura do convenio, cunha vixencia indefinida,  enmárcase nunha intensificación de relacións cara a sociedade civil, explicou Somoza Torres, quen agradeceu a acollida da súa proposta por parte da CEP. “A sinatura deste convenio recolle distintas liñas de actuación que van desde a divulgación e a sensibilización co noso colectivo ata plans de formación, pasando pola cesión de espazos e ofertas de emprego”, puntualizou.

Pola súa parte, Fernández Alvariño explicou que se incorporará á base de emprego da CEP os perfís das persoas en idade laboral das máis de 400 que representa ASPACE-Galicia en total, co obxectivo de facilitar a súa colocación e colaborar na súa inserción laboral.

O presidente da CEP destacou a sensibilidade de ASPACE-Galicia cara as persoas con parálise cerebral, indicando que a sinatura do convenio supón o compromiso da Confederación co labor e a entrega de quen atenden a este colectivo.

Ambas entidades comprométense tamén a promover entre as empresas o exercicio da responsabilidade social corporativa e dar o seu apoio en beneficio daquelas persoas potencialmente beneficiarias da acción social de ASPACE-Galicia.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp