Inauguraron onte unha exposición, que estará aberta ao público no Centro Social da Rúa ata o vindeiro 9 de xaneiro e inclúe óleos, acrílicos, floreiros, esculturas e cadros de cerámica.

Un grupo de usuarios da Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) de A Coruña inauguraron en Miño unha exposición de arte para que levan traballado varios meses e que está formada por preto de 30 obras entre as que se inclúen óleos, acrílicos, floreiros, esculturas e cadros de cerámica.

Usuarios de ASPACE Coruña na inauguración da exposición en MiñoA inauguración da exposición contou coa presenza de Óscar Cabana González e Antonio Bernardo López, concelleiros adscritos á área de Cultura, Deporte e Educación do Concello de Miño, ademais do director xerente de ASPACE Coruña, Eulogio López, e Mª Carmen Barreiro, secretaria da Xunta Directiva.

A mostra estará aberta ao público no Centro Social da Rúa (Miño) ata o vindeiro 9 de xaneiro en horario de luns a venres de 10.00 a 13.00 h. e de 16.00 a 21.00 h e tódalas obras están á venda (os prezos van dos 20 aos 40 euros). Ademais das obras realizadas polos rapaces de ASPACE Coruña, tamén colabora Mª Begoña Magadán, cunha minusvalía nas mas do 50%, doando tres cadros.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp