Haberá unha fila cero para os que non poidan asistir pero que estean interesados en colaborar coa asociación.

O vindeiro 10 de xuño, ás 21.30 horas, Amencer-ASPACE celebrará a súa tradicional cea-encontro cos seus asociados, colaboradores e amigos que desexen acompañalos no Pazo de Congresos e Exposicións ‘Mar de Vigo’.

Cena-encuentro

O obxectivo desta xuntanza é compartir un evento agradable e colaborar na medida do posible para facer realidade algúns dos proxectos de Amencer nun futuro.

No evento haberá ocasión de gozar dunha nova exposición da prestixiosa ‘Gucci’ á que acudirán representantes desta firma a nivel nacional. Ademais, Amencer contará coa doazón de agasallos desta e outras firmas para o sorteo que terá lugar unha vez finalizada a cea.

Para retirar as localidades/invitacións (ao prezo de 50 euros) pódese contactar coa propia asociación (preguntar por Pilar), no teléfono 986 864 643 ou a través do correo electrónico asociacion@amencer-aspace.org .

Para os que queiran facer unha contribución voluntaria, pero non poidan asistir á cea da asociación, fixouse unha ‘Fila Cero’. Así, pódese facer unha transferencia bancaria ao seguinte nº de conta: 2080 0140 11 0040014204.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp