O edificio multiusos de Redondela acollerá este domingo, día 15 de maio, un evento benéfico con diferentes actuacións musicais.

O edificio multiusos de Redondela acollerá este domingo, día 15 de maio, o Terceiro Festival Solidario a favor da asociación de Pais e amigos de nenos con parálise cerebral ‘Hoy por Mañana’ de Vigo. O evento comezará ás 17.00 horas e contará con diferentes actuacións musicais.

O Terceiro Festival Solidario a favor da asociación Hoy por Mañana está organizado pola Escola de Baile SalsaRRica e conta coa colaboración de Salerm Cosméticos, Zapatería Brillante, Concello de Redondela e Deputación de Pontevedra.
A entrada ao festival terá un custo simbólico de 3 euros e as localidades poderanse adquirir o mesmo día da actuación no propio multiusos.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp