A presidenta de ASPACE-Galicia, Concepción Somoza, recolleu o certificado nun acto no que participaron diferentes autoridades.

A Federación Galega de Parálise Cerebral (ASPACE-Galicia) recibiu onte o Certificado de Calidade ISO 9001 obtido tras a súa participación en ‘Socialia Calidade’, un programa de formación e consultoría posto en marcha pola Obra Social Novacaixagalicia para promover a profesionalización das ONG.

Certificado de calidad         A presidenta de ASPACE-Galicia, Concepción Somoza, foi a encargada de recoller o certificado nun acto que tivo lugar no Centro Social Novacaixagalicia de Santiago de Compostela. Na entrega tamén participaron a conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato; o copresidente de Novacaixagalicia, Mauro Varela; o director de Relacións Institucionais de Bureau Veritas, Enrique Quejido; e os representantes doutras entidades certificadas.

A Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Federación ASPACE-Galicia) conseguiu a certificación de calidade ISO 9001 na auditoría realizada pola compañía Bureau Veritas o pasado 24 de xaneiro.

ASPACE-Galicia demostra así a calidade dos servizos que desenvolve e que están orientados ao cumprimento da súa misión: fomentar a coordinación e cooperación entre entidades federadas e outras entidades, de forma que a unión e forza das mesmas logre a igualdade de oportunidades das persoas con parálise cerebral.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp