Todos os participantes deben ser maiores de idade, españois ou residentes en España, e poden pertencer ou non a unha entidade asociada a ASPACE.

      

A Confederación ASPACE organiza o I Concurso de Fotografía ASPACE dentro dos actos do Día Nacional da Parálise Cerebral. O obxectivo é que todas aquelas persoas implicadas na mellora de calidade de vida das persoas con parálise cerebral ofrezan a súa visión sobre o colectivo e as súas capacidades.

Poderán participar:

+Persoas con parálise cerebral.

+Familiares de persoas con parálise cerebral.

+Profesionais que traballen co colectivo da parálise cerebral.

+Voluntarios que traballen co colectivo da parálise cerebral.

Todos os participantes deben ser maiores de idade, españois ou residentes en España, e poden pertencer ou non a unha entidade asociada a ASPACE.
Os temas propostos son:

+CAPACIDADES “Ti podes. Eu podo. Podemos?

+I+D / NUEVAS TECNOLOXÍAS “Unha fiestra ao mundo

+LECER “Sorrisos e instantáneas

+DEPORTE “Sin barreIras co deporte

Os requisitos das imaxes son os seguintes:

+A temática da fotografía debe axustarse a un dos temas propostos.

+O traballo deberá ser remitido nunha fotografía dixital cun tamaño de 1.200 x 800 megapíxeles e un formato jpeg, bmp ou gif.

+Non se aceptarán fotografías enviadas fóra da data límite proposta nestas bases.

+Cada traballo deberá achegar os datos do autor (nome e apelidos) e a dirección de correo electrónico do concursante ou algún familiar próximo.

+Os traballos deben de ser orixinais e inéditos, non premiados noutros concursos.

+Cada participante poderá presentar como máximo tres fotografías.

+Os autores dos traballos manteñen íntegros os seus dereitos de autor, aínda que permitirán á Confederación publicar unha imaxe dixital dos mesmos na súa páxina web e boletín dixital, e a difusión da fotografía nunha exposición con motivo do Día Nacional da Parálise Cerebral.

O prazo de envío de imaxes remata o 15 de XUÑO ás 12.00 horas á dirección concursofotografia@confederacionaspace.org
Animádevos a participar!

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp