O circo de Pulgas da familia Carruselo estivo na sede da entidade

El circo de Pulgas de la familia Carruselo

Os nenos e nenas da ludoteca da asociación Hoy por Mañana gozaron dun inusual espectáculo. A familia Carruselo e o seu circo de pulgas, herdeiros directos da prestixiosa escola galega de doma de pulgas, marabillou aos asistentes co Menor Espectáculo do Mundo que se desenvolveu dende as 17.30 na sede da asociación na rúa Sagunto, número 86 (Vigo).

Coñecedora do método galego de domar pulgas, baseado no amor e a confianza recíproca entre animal e ser humano, a familia Carruselo achegou ao corazón dos asistentes a maxia dun espectáculo no que as pulgas Esmeralda, Breogán e Mimí arriscaron as súas vidas.
Ademais deste número circense, os asistentes gozaron con contos de Fernando Comesaña.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp