Emítese todos os venres a través da megafonía do centro e os seus locutores informan a toda a asociación de noticias de actualidade, o tempo ou o menú, entre outras cousas

A Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE-Coruña) dou un paso máis no seu afán por prestar servizos de calidade e dende hai unhas semanas emite un programa de radio interno que se emite a través do sistema de megafonía do centro.

Los locutores de la Radio de los Gatos

O programa, dirixido pola titora dun dos talleres do centro de día de ASPACE-Coruña, María Rivas, prepárano integramente un grupo de locutores formado por Gisela Galeiras, Chon Rouco, Jorge Liñares, Lucía Rodríguez, Chus Sánchez y Rocío rey. Coa colaboración dunha das logopedas da entidade, Miriam Piñeiro, que lles proporciona apoio a través de recursos alternativos para a comunicación.

“La Radio de los Gatos”, que é como se chama esta iniciativa, informa cada venres durante aproximadamente quince minutos a todos os traballadores da asociación sobre a actualidade, con noticias, información do tempo ou o menú que se servirá ese día en ASPACE-Coruña. Tamén inclúen no programa unha sección de aniversarios, outra de consellos e incluso elaboran eles mesmos a publicidade, sempre cargada con moito humor.

O programa está aberto á participación de tódolos traballadores e usuarios, e os seus compoñentes animan a todos os que queiran colaborar a que aporten as súas ideas a través do facebook de ASPACE-Coruña.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp