A asociación obtivo o maior número de votos dos clientes de Carrefour Express de Ames e Sada para a adquisición de bicicletas adaptadas a persoas con parálise cerebral

La asociación ha obtenido el mayor número de votos de los clientes de Carrefour Express de Ames y Sada

A Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) da Coruña foi a gañadora dun concurso realizado pola Fundación Solidaridad Carrefour nos centros Express que ten en Ames (Bertamiráns) e no porto de Sada.

O proxecto conseguiu o aval de preto de 18.000 votos de clientes deses supermercados, que apoiaron o proxecto de ASPACE-Coruña para a adquisición de bicicletas adaptadas para persoas con parálise cerebral.

A entrega dos cheques, cun valor de 2.000 euros, realizouse pola mañá en Ames e pola tarde en Sada, e no acto estiveron presentes o director-xerente de ASPACE-Coruña, Eulogio López Río, o director de Explotación de Carrefour, Gabriel García, e o Xefe Rexional de Explotación, Juan Sancho.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Whatsapp
Whatsapp