A Confederación ASPACE elaborou un estudio sobre a implantación das TIC nas súas entidades co obxectivo de sentar as bases do futuro Plan Operativo de Novas Tecnoloxías

Las nuevas tecnologías, una prioridad en la parálisis cerebral         A Confederación ASPACE inaugura 2011 co firme compromiso de impulsar a presenza das novas tecnoloxías entre as súas asociacións. O primeiro paso foi a elaboración dun estudio que, avalado pola Universidade Rovira i Virgili, radiografía a incidencia e presenza das tecnoloxías de apoio e de comunicación alternativa aumentativa, nas entidades adscritas a ASPACE.

Un total de 23 entidades de ASPACE participaron neste estudio, impulsado pola Comisión de Novas Tecnoloxías (NN.TT) e dirixido por Agustí Solanas Gómez e Josep María Mateo-Sanz, pertencentes aos departamentos de Enxeñería Informática e Matemáticas, e da Área de Estatística e Investigación Operativa da Universidade Rovira i Virgili.

Para César Mauri, presidente da Comisión de NN.TT da Confederación ASPACE, este estudio supón “un avance cuantitativo e cualitativo que  permitirá, a partir da análise e a reflexión, potenciar a participación, inserción e autonomía das persoas con parálise cerebral e as súas familias a través das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación)”.

Mauri tamén considera que “a colaboración entre as asociacións e federacións que integran a Confederación ASPACE, os seus profesionais e o mundo universitario é fundamental para garantir un uso óptimo do potencial que ofrecen as novas tecnoloxías. Todo isto sobre a base da capacitación e formación dos traballadores, as familias e as persoas do colectivo”.

O informe sentará as bases para a creación do Plan Operativo de Novas Tecnoloxías, que se elaborará este ano e terá como obxectivo incrementar a presenza das novas tecnoloxías entre as máis de 70 entidades que forman a Confederación ASPACE.

Entre outros obxectivos, o proxecto busca mellorar os equipamentos informáticos básicos, tanto no número de ordenadores como no acceso a internet, e optimizar o soporte técnico-informático dos centros. Ademais, terá especial importancia la dispoñibilidade de elementos de tecnoloxías de apoio (TA) e de comunicación alternativa aumentativa (CAA) nos xoguetes adaptados, botóns específicos, sistemas de sinalización, plafóns de comunicación electrónicos ou teclados alternativos.

Outra das liñas de actuación fundamentais será fomentar a cultura, colaboración e asesoramento mutuo, a través das ferramentas en liña e encontros precisos. A inversión en I+D, a formación de persoal especializado en TA e CAA; a formación dos familiares por parte dos expertos dos centros pertencentes á Confederación ASPACE, e a posibilidade de que ditas asociacións dispoñan de asesoramento técnico especializado, tamén son obxectivos importantes para acadar nos vindeiros anos.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp