O evento deportivo está organizado pola Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE-Coruña) e o Concello de Culleredo.

Segunda jornada liga boccia

Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE-Coruña), en colaboración co Concello de Culleredo, organiza a II xornada da Liga Galega de Boccia neste municipio coruñés, unha xornada de integración e deporte adaptado coa que se pretende dar a coñecer ao público xeral a boccia.

Este evento deportivo celebrarase o vindeiro sábado 19 de febreiro no Polideportivo Municipal do Burgo de 10.00 a 18.00 horas. Ademais de ASPACE-Coruña, a esta xornada da Liga Galega de Boccia asistirán deportistas de outros clubs como Tamiar-APAMP de Vigo, Aixiña de Ourense e ADM de Ferrol. En total, serán arredor de 50 deportistas.

ASPACE-Coruña e o Concello de Culleredo, coa colaboración de Coca-Cola, Limpezas Xalo e Deputación da Coruña, pretenden con esta iniciativa achegar á sociedade un deporte practicado polo colectivo de persoas con parálise cerebral e outras discapacidades físicas.

O máis importante é amosar que estas persoas, a pesar de ter unha dificultade física, teñen grandes capacidades entre as que se atopa o poder practicar un deporte que supón precisión, estratexia, esforzo, coordinación e forza.
Por iso, fíxose a difusión do evento entre algo máis de 700 escolares de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO dos centros de ensinanza públicos de Culleredo (CEIP Tarrío, CEIP Sofía Casanova, CEIP Ría de O Burgo, CEIP Isaac Díaz Pardo e IES Blanco Amor) coa finalidade de que poidan ver e gozar da boccia en directo.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp