A experiencia, segundo relataron os propios voluntarios, “foi moi bonita” e non dubidan en volver a visitar a entidade noutras ocasións.
Os usuarios da Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE-Coruña) gozaron dunha divertida tarde na compaña dos voluntarios de Alcoa.
Un total de 18 traballadores da factoría coruñesa pasaron máis de catro horas na compaña dos usuarios, aos que axudaron a plantar árbores e a colocar varios niños para paxaros. Foron os usuarios do centro educativo, do centro de día e da residencia os que puideron gozar desta actividade, á que lle seguiu unha merenda de chocolate con churros para os participantes.
Para rematar, ASPACE ofreceulles aos voluntarios a posibilidade de xogar, sentados en cadeiras de rodas, cos mozos aos deportes adaptados: boccia e slalom. Todos os participantes pasárono moi ben e os traballadores de Alcoa puideron comprobar o alto nivel dos deportistas da asociación.
A experiencia, segundo relataron os propios voluntarios, “foi moi bonita” e non dubidan en volver a visitar a entidade noutras ocasións.