Trala visita tomaron uns refrescos e recibiron unhas gorras de agasallo

Visita a la fábrica de Coca-Cola

Un total de 24 usuarios da asociación ASPACE-Coruña visitaron a fábrica de Coca-Cola e outros seis coñeceron os obradoiros da asociación Aspronaga.

Na fábrica embotelladora de Coca-Cola, os visitantes miraron un vídeo de presentación da historia da Coca-Cola e da fábrica coruñesa. Tamén lles amosaron toda a fábrica e o proceso de elaboración, embotellamento e lavado. Ao rematar a visita, tódolos participantes na actividade tomaron uns refrescos e recibiron unha gorra de agasallo.

Os usuarios de ASPACE-Coruña tamén realizaron unha saída á asociación Aspronaga organizada por un dos talleres do Centro de Día. Os seis participantes nesta actividade coñeceron o centro ocupacional onde elaboran arquivadores, encargados por unha empresa para a súa posterior venda, e tamén bisagras de ventás. Ademais, visitaron o centro de día, que ten novas instalacións, e a sala de descanso.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp