Entregarase un exemplar a cada un dos participantes na actividade e tamén a todas as asociacións membro
Federación ASPACE-Galicia elaborou un DVD no que se reúnen as imaxes tomadas durante o Camiño de Santiago, unha actividade organizada pola Federación no mes de setembro e na que participaron seis usuarios e varios monitores.
No DVD incluíronse imaxes do Camiño, das recepcións ofrecidas polas autoridades das diferentes localidades e da chegada a Santiago de Compostela, nas que se pode comprobar o esforzo e a ilusión coa que se viviu a actividade.
A Federación entregará un DVD a cada un dos usuarios participantes no Camiño de Santiago e tamén a cada unha das asociacións membro. Con este proxecto a Federación consigue que os ‘compañeiros de camiño’ conten cun documento gráfico que lles permita lembrar sempre que o desexen momentos únicos e inesquecibles.
Visita á galería de imaxes do Xacobeo 2010