Baixo o lema “Ocio e Cultura sen barreiras”, esta iniciativa pretende facer máis visible o traballo das persoas con discapacidade das asociacións da cidade

ASPACE-Lugo colaborou por primeira vez este ano neste mercado, onde contou cunha caseta dente a que se deu a coñecer o traballo desenvolvido pola entidade coas persoas con parálise cerebral á sociedade luguesa.

Bajo el lema “Ocio e Cultura sen barreiras”, esta iniciativa pretende hacer más visible el trabajo de las personas con discapacidad de las asociaciones de la ciudad

Fíxose especial fincapé no labor que ASPACE-Lugo está levando a cabo no campo da estimulación e a fisioterapia.
Esta iniciativa, que tivo lugar entre os días 15 e 17 de decembro na Praza Maior, forma parte das actividades organizadas polo Concello de Lugo e unha vintena  das asociacións da cidade para facer máis visible o traballo das persoas con discapacidade e acadar que as desigualdades deixen pouco a pouco de existir.

No mercado véndense tamén obxectos que realizan os membros destas asociacións, que representan a colectivos con diferentes discapacidades. Os visitantes puideron adquirir unha ampla variedade de artigos de artesanía que se converten ano a ano nunha excelente opción como agasallos de Nadal.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp