A Asociación recibiu unha subvención de máis de 23.000 euros para unha iniciativa que facilita a aprendizaxe e a autonomía persoal

A Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) de A Coruña conseguiu dar un paso máis no camiño para romper a brecha dixital.

Usuario de ASPACE-Coruña

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (Plan Avanza), e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, concederon a ASPACE unha subvención de 23.768,29 euros para o Proxecto X-TIC: Xestión das TIC´s en persoas con diversidade funcional para a accesibilidade, usabilidade e e-inclusión na Sociedade da Información.

O X-TIC é un servizo que ofrece aos usuarios de ASPACE a posibilidade de, mediante produtos de apoio, software específico e ferramentas da informática actual, adquirir, potenciar ou mellorar habilidades lingüísticas, de comunicación, aprendizaxe e socialización, para o que o Grupo de Informática Médica da Universidade da Coruña (IMEDIR) se encargou da creación dunha plataforma web con materiais didácticos e contidos e-learning. Así, tanto profesionais como usuarios poden formarse a través de cursos en liña.

Esta ferramenta ten dous beneficiarios: por unha banda, as persoas con parálise cerebral, que co X-TIC poden mellorar a súa autonomía persoal e o seu acceso ás novas tecnoloxías, e por outra banda, os profesionais (logopedas, terapeutas, psicólogos…) porque lles permite facer a intervención en rede sobre un mesmo usuario. De feito, para o desenvolvemento do proxecto foi preciso contar cun programa de xestión e avaliación, tanto polo número de usuarios que ten a asociación en si, arredor de 100, como polos tres centros de traballo cos que conta ASPACE (centro educativo, centro de día e residencia, con usuarios e persoal diferentes ou comúns a un ou varios centros).

Entre os obxectivos máis importantes deste proxecto están os de desenvolver a autonomía persoal e favorecer a autoestima, potenciar a e-inclusión das persoas con parálise cerebral, adquirir habilidades académicas, funcionais e comunicativas, e garantir o acceso e manexo do ordenador. Todo se resume nunha finalidade básica: acadar unha aplicación idónea das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para cubrir as necesidades de socialización e aprendizaxe nun colectivo con risco potencial de padecer exclusión social.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp