A visita á asociación luguesa está enmarcada dentro do programa de visitas a tódolos centros da Federación por parte dos seus dirixentes para coñecer o funcionamento e as necesidades de cada un deles

A  Xunta Directiva de Federación ASPACE-Galicia desprazouse ata Lugo para coñecer de primeira man as instalacións de ASPACE-Lugo, así como para coñecer o funcionamento e as necesidades do centro.

Durante a súa visita, tamén aproveitaron para celebrar a súa reunión periódica, na que se abordaron todos os programas e accións a desenvolver pola Federación nos vindeiros meses.

Ademais de coñecer o centro do que dispón ASPACE na capital lucense, os membros da Xunta Directiva desprazáronse ata Castro Riberas de Lea para visitar o centro da Fundación de Dano Cerebral (FUDACE), xestionada actualmente pola Cruz Vermella.

Este centro entrou en funcionamento no ano 2002, ocupando as instalacións da antiga escola-fogar. En 2005 foron ampliadas as súas instalacións coa construción dunha residencia. Este centro uniuse ás actividades do centro de día e permitiu dar atención as 24 horas do día os 365 días do ano a persoas con parálise cerebral e outros danos cerebrais.
Actualmente están traballando na construción dun ximnasio e unha zona de hidroterapia para completar a carteira de servizos ofertados por FUDACE.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp