Usuarios de APAMP gozaron de numerosas actividades grazas ao programa de vacacións de Confederación ASPACE

Una persona en silla de ruedas observa el mar.

Entre o 1 e o 8 de setembro, usuarios de APAMP puideron gozar dunhas merecidas vacacións na localidade luguesa de Ribadeo.

A viaxe, enmarcada dentro do programa de vacacións da Confederación ASPACE, permitiulle aos usuarios coñecer lugares novos e romper coa monotonía da vida diaria.

Ao longo da semana coñeceron numerosas localidades e puideron gozar da riqueza paisaxística e cultural da zona. Así, realizaron roteiros turísticos recomendados pola oficina de turismo do Concello de Ribadeo como a visita ao «Faro da Illa Pranca» ou a Ruta das Praias, onde puideron apreciar a beleza da famosa Praia das Catedrais.

Tamén realizaron una visita á fábrica de Sargadelos, onde puideron observar directamente o proceso de realización das diferentes pezas de cerámica da mítica casa galega. Na localidade asturiana de Taramundi visitaron o Museo de Tear e unha sidrería tradicional, onde ademais de coñecer o proceso de elaboración da sidra, gozaron cunha degustación.
Unha semana chea de emocións, na que puideron experimentar novas sensacións e realizaron numerosas actividades de lecer.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp