Las asociacións participan no proxecto “Lecer no verán para persoas con discapacidade 2010” que organiza a Concellería de Benestar Social do Concello de Vigo
O departamento de Benestar Social, en colaboración con Pasovigo, organiza nos meses de xullo e agosto un servizo de lecer e respiro familiar de carácter non permanente, dirixido a persoas con discapacidade da cidade.
Este proxecto consta de dúas actividades “Divírtete no Verán” durante o mes de xullo e “Verán de Lecer” no mes de agosto.
Poderán participar no proxecto tódalas persoas con discapacidade empadroadas no Concello de Vigo, a partir dos seis anos de idade. “Lecer no Verán” conta cun total de 25 prazas (20 prazas para persoas entre 6 e 30 anos e 5 para maiores de 30 anos) durante o mes de xullo e un máximo de 45 prazas no mes de agosto (15 prazas para persoas entre 6 e 30 anos e 30 prazas para persoas maiores de 30 anos).
As actividades desenvolveranse no Museo Verbum durante o primeiro mes e na sede de ASPANAEX durante o mes de agosto, en horario de 10.00 a 14.00 horas en xullo e de 10.00 a 16.00 horas en agosto.
Todas as persoas interesadas en participar nas actividades deben presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou no centro onde se atope a persoas discapacitada, sendo un responsable do centro o encargado de presentar as solicitudes.