A Rúa Príncipe de Vigo acolle dende o 1 de xuño ata hoxe unha nova edición da exposición “De Boa Man”
Durante a mesma, diferente entidades que traballas con persoas con discapacidade, entre elas APAMP, expuxeron e venderon diferentes produtos realizados polos usuarios e beneficiarios de cada unha das entidades participantes. A exposición está promovida pola Consellería de Benestar Social do Concello de Vigo, que está estudando a posibilidade de dotar a esta feira dun carácter permanente .
A campaña “De Boa Man” pretende chamar a atención sobre o labor que realizan as asociacións no terreo da integración e atención a persoas con diversidade funcional. Os obxectivos da exposición son implicar e relacionar ás entidades económicas cos colectivos sociais, ademais de informar á cidadanía sobre as verdadeiras capacidades das persoas con algún tipo de discapacidade.
As persoas que se achegaron á exposición puideron adquirir traballos realizados polos usuarios das asociacións que participan na campaña e que van dende produtos en cartón pedra, xoiería, téxtil, etc. Todos os produtos están elaborados por persoas que empregan as súas horas en obradoiros ocupacionais cunha finalidade terapéutica e como unha posible vía de inserción laboral.