A presidenta de ASPACE-Lugo, Mª Inés Veiga foi galardoada co premio “Entre Mulleres” polo que se recoñeceu a súa traxectoria de traballo e perseveranza
Nai de dous fillos, un deles con parálise cerebral, enfermeira, presidenta de ASPACE-Lugo e solidaria.
Así é Mª Inés Pérez Veiga e, por iso, foi galardoada co premio “Entre Mulleres”, entregado polo Concello de Lugo no Día Internacional da Muller.
A perseveranza e a superación convértense nas dúas palabras que mellor describen a Mª Inés Pérez Veiga. Actualmente é presidenta de ASPACE-Lugo, dende fai dez anos e traballa como celadora no Hospital Xeral de Lugo. Ten un fillo con parálise cerebral, polo que día a día loita e vive. Ademais forma parte do programa de acollida de nenos saharauís, polo que viaxou en varias ocasións ao deserto do Sahara.
O Concello de Lugo quixo recoñecer o traballo desenvolvido durante toda a súa vida facéndolle entrega dun premio cargado de eloxio e admiración. Ademais tamén se premiou a Ruth León, mediadora intercultural da Asociación de Promoción e Integración Xitana.