Federación ASPACE-Galicia súmase á campaña “Non mires a outro lado” polo Día Mundial das Persoas con Parálise Cerebral

O próximo sábado 6 de outubro celébrase o Día Mundial das Persoas con Parálise Cerebral 2018 e dende o Movemento ASPACE puxemos en marcha a campaña “Non mires a outro lado”. Unha campaña coa que reivindicar a sexualidade e a afectividade das persoas con parálise cerebral coma un dereito máis para vivir unha vida plena. Queremos que a sociedade vexa que a sexualidade pode ser de tantas formas coma persoas, incluíndo tamén ás persoas con parálise cerebral.

Dende o ano 2014 a Rede de Cidadanía Activa (un grupo formado por máis de 650 persoas con parálise cerebral de 30 entidades ASPACE) fomenta a participación activa así coma a autodeterminación á hora de tomar decisións das persoas con parálise cerebral. De eles parte, por tanto, a iniciativa de tratar o tema da sexualidade e afectividade; e é Confederación ASPACE quen lle da forma a través desta campaña de concienciación.

A campaña basease nun videoclip e un anuncio para televisión do tema “Non mires a outro lado”, ademais dunha serie de accións a través das redes sociais. Gaspar Pablo Tomas –fisioterapeuta e sexólogo especialista en discapacidade- é quen fai a primeira versión do tema, mentres que é o grupo de hip hop Ravioli Makers quen o adaptará finalmente a un trap (un estilo preto ó rap).

O pasado luns 17 de setembro todas as entidades ASPACE en coordinación coa Confederación ASPACE lanzamos a campaña, que permanecerá activa ata o próximo sábado 6 de outubro Día Mundial da Parálise Cerebral.

Dende Federación ASPACE-Galicia pedimos a colaboración da cidadanía para o próximo mércores 3 de outubro, día no que sairemos as rúas para festexar o noso día, gravar unha flashmob e ser Trending Topic en Twitter co hashtag #MiraDeFrente.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp