ASPACE-Galicia asistió a la presentación del libro ‘No creas lo que tus ojos te dicen’ del escritor, Javier Martín Betanzos

Nun acto que tivo lugar no ‘El Corte Inglés’ do Centro Comercial Marineda City de A Coruña o escritor Javier Martín estivo acompañado do Director Xerente de ASPACE-CoruñaEulogio López Río, e da Deputada de Benestar Social da Deputación de A Coruña, Ánxela Franco Pouso.

A novela, editada pola Federación ASPACE Castilla y León, é un exercicio de empatía por parte do autor e un intento de plasmar as inquietudes e a loita diaria dun mozo con parálise cerebral. Deixando de lado o ton paternalista, revélanos unha realidade que viviu en primeira persoa durante os seus anos de mestre e que a cotiá resulta descoñecida para a sociedade. “Porque o recoñecemento non é coma novelista nin coma poeta se non coma profesor que se implicou na inclusión e na integración” – Eulogio López durante a presentación.

Aceptación do diferente, a importancia da inserción social das persoas con discapacidade, o respecto á diversidade, o poder da superación, a constancia, o compromiso, a independencia e a solidarizade, son valores que promove a novela e dos que temos que aprender coma individuais e coma sociedade. “Mestre é a persoa quen de transformar a sociedade… e ten a xenerosidade de recordarnos que individualmente temos obrigas como sociedade” – Ánxela Franco durante o acto.

Coma punto e final do acto, Carlos Rodriguez – usuario de ASPACE-Coruña – leu un fragmento da novela para tódolos/as asistentes/as: Quiero que me pregunten cómo te sientes, que quieres y cosas así. Es tan difícil entender que solo quiero ser yo. No quiero ser parte de ninguna noticia. Quiero escribir mi propia historia. Yo solo quiero que me prestes el lápiz o que me ayudes a escribirla, no que me la escribas tú. Mi cuerpo está averiado… Está roto… Pero no quiero posponer mis ansias o mis deseos por ese motivo. No quiero ninguna tutela estúpida. Se bien lo que quiero.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp