Aprobado e en vigor o Real Decreto-lei 1/2021 de 19 de xaneiro, que modifica a actual Lei de Consumo para garantizar a protección de consumidores/as e usuarios/as fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica, incluíndo a discapacidade
Firmar un contrato ou realizar unha compra son actividades cotiás que non adoitan supoñer ningunha dificultade. Pero que pasa se o/a comprador/a é unha persoa con algún tipo de discapacidade ou desprotección? Como asegurarse de que adquiran o que necesitan baixo as condicións axeitadas? Para evitar casos de abusos, fraudes o estafas nos grupos sociais considerados máis indefensos, suxe en España a figura do consumidor vulnerable.
A introducción a nivel xurídico do término foi posible grazas á modificación da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, mediante un Decreto-Lei que entrou en vigor o pasado 21 de xaneiro deste ano. O texto supón un avance lexislativo na protección dos dereitos das persoas consumidoras ou usuarias que se ven afectadas por unha situación de vulnerabilidade. Como tal, o concepto entende dous tipos: vulnerabilidade por situación económica o por situación social (características persoais vencelladas á idade, saúde, discapacidade ou situación de exclusión social).
Recoñecendo que a persoa considerada vulnerable pode presentar algún tipo de desvantaxe como cliente/a, o novo decreto pretende garantizar un acceso en igualdade de condicións ao mercado de produtos e servizos que o resto da poboación, protexendo así os seus dereitos como consumidor/a. Na práctica, o texto legal introduce, entre outras, medidas que obrigan ás empresas a prestar o apoio necesario para a comprensión dun contrato comercial, o a adecuación do etiquetado e a información sobre os bens e consumos. Prevese, porén, a ampliación do reglamento de protección e axuda a estes colectivos mediante a modificación doutros artigos da misma Lei do Consumidor, que doten de maior contido á figura de consumidor/a vulnerable e establezan a necesidade de especial atención a estas personas.
A nova lexislación, motivada pola situación actual de crise sanitaria, responde á exixencia da normativa europea, recollida na Convención de Dereitos das Persoas con Discapacidade. Preséntase como unha ferramenta de apoio esencial para moitas mulleres e homes con parálise cerebral, xa que servirá para potenciar a súa autonomía, a participación directa en determinadas relacións de consumo e a súa capacidade de facer valer os seus dereitos, evitando a vulneración dos mesmos ou o abuso.
Desde Federación ASPACE Galicia aplaudimos a modificación do noso ordenamento estatal. A falta dunha regulación que tivese en conta as necesidades ou realidades diferentes das persoas que son englobadas dentro do termo “colectivos vulnerables” supoñía unha desprotección e limitación ao acceso a servizos básicos necesarios para o que consideramos unha vida digna.
Consulta o texto completo do Decreto-lei publicado no BOE aquí.
Se queres ampliar a información ou necesitas asesoría legal, ponte en contacto connosco no seguinte enderezo: legal@aspacegalicia.org
Na nosa páxina web tamén poderás atopar máis información sobre o noso departamento legal.