No Día do Traballo 202021, Federación ASPACE Galicia poñe o foco, con artigo propio publicado en Discapnet.es, na dificultade, exacerbada pola crise actual, de acceso ao mercado laboral que sofren as mulleres traballadoras con parálise cerebral. Malia as barreiras, elas non botan a toalla e seguen loitando polo seu dereito ao traballo

Fernanda Arrojo (ASPACE Lugo), Paula Pereiro e máis Nanda Bello (APAMP), e Verónica Aguiar (Federación ASPACE Galicia) son as protagonistas dunha das mensaxes clave que as entidades ASPACE de Galicia queren enviar con motivo do 1 de maio de 2021, Día Internacional do Traballo.

As súas experiencias como mulleres traballadoras serven para dar vida a un artigo que creamos coa intención de expoñer os obstáculos aos que se enfrontan á hora de conseguir e manter un emprego, de desenvolver as súas profesións e cumprir os seus soños e obxectivos laborais.

Un artigo con luces e sombras, no que Fernanda, Paula, Nanda e Verónica comparten situacións de discriminación, postos de traballo non adaptados, menor salario e frustraccións ante a ausencia de sensibilidade dalgúns empleadores, ademais do esforzo extra por demostrar que a súa discapacidade non significa falta de preparación laboral. Pero tamén nos contan que non se dan por vencidas, porque “traballar é bo para a alma” e “permite a normalización da vida, sentirse activas e produtivas”. Seguen formándose e loitando por conseguir un emprego digno, estable e de calidade, como calquera outra persoa.

Datos que corroboran as experiencias

Os testemuños combinanse cos datos máis actualizados sobre a situación actual do mercado laboral en España, en profunda crise a causa da pandemia, e, máis concretamente, o acceso ao mesmo das persoas con parálise cerebral. O artigo recolle estadísticas clave de documentos como o Informe 2020 del Mercado de Trabajo de las Personas con Discapacidad del Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), o estudo ‘El empleo de las Personas con Discapacidad’ del Instituto Nacional de Empleo (INE), el Informe número 5 (datos entre 2012-2019) del Observatorio sobre Discapacidad y Mercado de Trabajo en España (ODISMET) da Fundación ONCE, a publicación “Efectos y consecuencias de la crisis de la Covid-19 entre las personas con discapacidad”, tamén de ODISMET, a Nota Informativa de junio de 2020 de la Organización Internacional del Trabajo (OIT) e as conclusións de varios webinar da serie “No estás sola”, da Fundación CERMI Mujeres (Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad).

O artigo tamén da conta das iniciativas do Programa de Emprego e Formación de Federación ASPACE Galicia a prol do dereiro ao traballo das personas con parálise cerebral, que inclúen o acompañamento e apoio ás persoas usuarias do Programa na súa procura de emprego, pero tamén a sensibilización do tecido empresarial na selección e acollida de traballadores e traballadoras con discapacidade.

Le o artigo completo en Discapnet.es

Coñece máis sobre o Programa de Emprego e Formación

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp