Este servizo, orientado exclusivamente a persoas con discapacidade, conta co financiamento do Fondo Social Europeo, Ministerio de Empleo y Seguridad Social e a Xunta de Galicia
Máis de 130 persoas desempregadas e con discapacidade da provincia de Pontevedra foron atendidas polo Servizo de Orientación Laboral posto marcha por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) co apoio do Fondo Social Europeo, o Ministerio de Empleo y Seguridad Social e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar.
Este servizo, que se especializou na atención persoas con discapacidade en setembro de 2012, é uns dos centros colaboradores do Servizo Público de Emprego. É totalmente gratuíto e ten como obxectivo proporcionar a información sobre os recursos existentes para conseguir un posto de traballo na maior brevidade posible.
Entre as accións levadas a cabo para mellorar a ocupación dos entrevistados inclúese a información aos usuarios de tódolos cursos existentes e de tódalas convocatorias de traballo público e privado. No tocante ao asesoramento individual, inclúese a elaboración de currículos, a redacción de cartas de presentación, a resposta a anuncios de traballo e a preparación de entrevistas. No período 2013-2014 o servizo de orientación propuxo a realización de itinerarios individualizados ao 25% das persoas atendidas.
A través da realización de entrevistas persoais, os orientadores de ASPACE-Galicia informaron e promoveron a mellora da empregabilidade e identificación de diferentes opcións laborais, así como accións formativas e o fomento da busca activa de emprego.
Coa colaboración de: