O salón de actos do Centro de Educación Especial de Santa María de Lugo abriu as súas portas a esta formación realizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns
O pasado día 28 de febreiro o salón de actos do Centro de Educación Especial de Santa María de Lugo acolleu a sexta sesión do ciclo formativo “Alimentación segura e eficaz en persoas con parálise cerebral”.
Unha vez máis os profesionais das nosas asociacións expuxeron aos asistentes os seus amplos coñecementos en todo o relativo á alimentación en persoas con parálise cerebral. Disfaxia, postura, hixiene, nutrición ou texturización son algunhas das palabras clave pronunciadas no desenvolvemento do curso que finalizou cunha cata de melocotón texturizado.