A mostra EMbarrARTE – EMpapelARTE con estrea no Centro Social Afundación en Vigo, prepara o seu próximo destino que podería ser ASPACE- Coruña ou Amencer ASPACE

A exposición recolle os traballos e as obras realizadas en cerámica e papel das persoas con parálise cerebral para trabajar no desenvolvemento de habilidades sociais e para a inserción laboral do colectivo. Trátase da culminación do proxecto ARTESANÍZATE de Federación ASPACE-Galicia e as súas entidades membro.

Os talleres foron impartidos por 6 profesionais nas diversas asociacións galegas de ASPACE. Os participantes elaboraron en algúns casos, obras individuais ou colectivas. Dependendo do centro centráronse en técnicas de cerámica como ASPACE Coruña coa presentación de 21 obras, entre as que destacan a figura corporativa da entidade, platos realizados polo 40 aniversario da asociación ou as medallas do II Encuentro de Autogestores empleando nas súas elaboracións porcelana, gres, barro vermello de buño, engobes e esmaltes de baixa temperatura a 980º.

O taller de cerámica tamén se levou a cabo en APAMP en Vigo. Máis de 25 usuarios crearon pezas individuais cun estilo persoal e único. Tazas con tonalidades coloridas e contrastadas, superficies con carácter, elaboracións que reflexan o selo individual de cada artista.

En relación ao taller de papel, en AMENCER ASPACE 17 usuarios crearon exemplares de libretas con frases elixidas pola propia asociación. Algúns exemplos son as axendas que levan como título “La actitud es el motor de los logros”, “Expertos en tomar caminos alternativos” ou “Lo esencial es invisible a los ojos”. 

O obxetivo, mostrar á sociedade as creacións e os resultados obtidos nestas técnicas para fomentar as habilidades sociais e prelaborais dos usuarios de ASPACE. Conseguir a integración social de calquera persoa é lograr ser ciudadáns de pleno dereito nos diferentes ámbitos. O proxecto ARTESANÍZATE, que incide na área social, educación e laboral, está enmarcado no Programa de Formación e Emprego que dispón Federación ASPACE-Galicia, que en coordinación con as súas entidades membro desenvolve dende el 2005 en Galicia. O proxecto atópase financiado polo Fondo Social Europeo a través da Fundación ONCE.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp