Os grupos de traballo de Talento ASPACE coordinados por ASPACE-Galicia reúnense en APCA Alicante

APCA Alicante (Asociación de Paralíticos Cerebrais de Alicante) acolle hoxe a reunión do ‘Programa Talento ASPACE’ de Confederación ASPACE coa participación dos grupos de traballo coordinados por Federación ASPACE-Galicia. O ‘Programa Talento ASPACE’ é unha ferramenta para compartir o coñecemento e as boas prácticas na xestión dos servizos ASPACE, e crear redes de comunicación entre os profesionais das distintas entidades. Federación ASPACE-Galicia coordina, dentro do programa, tres grupos de traballo centrados en:

  • Modelos de atención.
  • Participación de persoas con parálise cerebral con grandes necesidades de apoio.
  • Sexualidade e afectividade.

E nos grupos de traballo participan profesionais das nosas asociacións federadas – Amencer ASPACE, APAMP Vigo ASPACE Coruña – xunto a profesionais de APCA Alicante e ASPACE Asturias. O que constitúe, finalmente, unha forma de xestionar o coñecemento e o talento acumulado no movemento ASPACE para así acadar de forma progresiva cotas máis elevadas de excelencia na xestión.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp