As persoas con parálise cerebral de Vigo e Pontevedra aprenderon diversas técnicas para traballar con cerámica e papel
O proxecto ARTESANÍZATE pretende traballar, a través da cerámica e o papel, a adquisición de habilidades sociais básicas e habilidades para a inserción laboral de persoas con parálise cerebral de APAMP e AMENCER ASPACE.
Este proxecto foi posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, a través da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fin de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude na provincia de Pontevedra.
Algúns dos produtos realizados nos obradoiros de cerámica e papel foron expostos no II Encontro pola diversidade organizado pola Deputación de Pontevedra os pasados días 18 e 19 de outubro.