A Lei 2/2015 de Desindexación da Economía Española, disvincula os contratos públicos do IPC co obxectivo de evitar aumentos automáticos de prezos e controlar a inflación. Sen embargo, a súa aplicación ó Terceiro Sector xenera efectos adversos en organizacións sociais, empresas de inserción e centros especiais de empleo que prestan servizos públicos.

España na época da indexación económica

Para comprender o marco da aparición da Lei 2/2015, trasladámonos á España do 2002. Por aqueles empos o Euro terminaba de apoderarse por completo do mercado español, a peseta desaparecería dos fogares españois. Coa chegada da nova moeda, España pasa a depender financeiramente do Banco Central Europeo, é dicir, agora non produce máis diñeiros nin modifica certos límites.

Durante 13 anos, noso país viveu unha época coñecida como “A Época da Indexación Automática”. Os prezos e costes de tódo-los servizos – privados e públicos- estaban ligados ó calor do IPC. Por ende, cada movemento de subida do IPC provocaba subidas no resto dos valores dos servizos.

O gran problema do IPC é o seu efecto coñecido como Efecto de Segunda Rolda. Cando o índice sobe, xenera presión a sí mesmo provocando unha inflación. Esta inflación tende a perdurar no tempo máis alá da subida real.

Exemplo de Efecto de Segunda Rolda

Supoñamos que, por un conflito xeopolítico, sobe o prezo do petróleo debido aos custos de transporte e produción. Como consecuencia, sobe o prezo final en moitos produtos e como resultado o IPC sobe significativamente.

O Efecto de Primeira Rolda é só a subida do petróleo, directamente sobre a materia prima. Agora ben, o Efecto de Segunda Rolda, afecta a maior escala.

  • Os traballadores, trala subida xeneralizada dos prezos, exigen subidas salarais.
  • As empresas, soben aínda máis os prezos para poder pagar ós empregados.
  • Isto xera unha espiral prezos-salarios: prezos soben > salarios soben > os prezos volven subir.

Pasado un tempo, o prezo do petróleo volve a estabilizarse, pero as subidas xeneralizadas de prezos dadas polos aumentos salarais, están consolidadas. É dicir, aínda que a materia prima xa non é cara, os prezos non baixan porque agora os costes salarais e de outros consumos son máis altos.

En resumo, a inflación persiste, incluso se o choque inicial desaparece. O Efecto de Segunda Rolda fai que a inflación sea estructural e duradeira, máis alá de ser coxuntural.

Para controlar a subida non xustificada de gastos no ámbito público, sae no ano 2015 a Lei 2/2015 de Desindexación na Economía Española.

Lei de Desindexación na Esconomía Española

A Lei 2/2015 de Desindexación entra en vigor desde marzo do mesmo ano. Puxo fin á práctica xeneralizada de subir automaticamente os prezos de moitos contratos públicos segundo o valor do IPC (Índice de Prezos ao Consumidor). Desde entón, calquera aumento de prezos no sector público debe xustificarse por un aumento real de custos, e non só pola inflación xeral.

Ventaxas da Lei 2/2015

  1. Control do gasto público: evita subidas automáticas dos prezos, axudando a manter un gasto máis controlado.
  2. Reducción da inflación estructural: rompe co ciclo no cal a inflación se alimenta a sí mesma
  3. Maior eficiencia e transparencia: obriga a xustificar cada subida, mellorando a xestión de contratos públicos.
  4. Alineación coas normas europeas: cumpre cas recomendacións da UE enfocadas na estabilidade económica.

Desventaxes da Lei 2/2015

  1. Maior risco para as empresas proveedoras: perden garantías de que os seus prezos se axusten á inflación.
  2. Tensión en contratos a longo prazo: sen axustes automáticos, poden aparecer desequilibrios financeiros.
  3. Aumento de carga administrativa: requiren informes técnicos para cada revisión dos prezos.
  4. Menor atractivo para o sector privado: especialmente para pymes do Terceiro Sector.

Impacto no Terceiro Sector

O Terceiro Sector, que inclué organizacións sen ánimo de lucro (como é o caso da Federación ASPACE Galicia e as súas entidades adheridas) en áreas de servizos sociais, educativos e asistenciais. É o sector máis afectado pola Lei 2/2015.

Unha lei que conxela e amosa un lado impasible ante a adversidade das entidades entre querer ofrecer uns servizos de calidade conta non dispor da financiación suficiente para elo. Unha lei sobre o mercado, que vulnera a lei dos dereitos sociais, todo elo recollido no marco dun Estado Social de Dereito, como é España.

Anterior ó proceso de conxelación do IPC nos servizos públicos e privados, o Terciero Sector ecnontrábase en mellor situación económica pos a Lei de Desindexación, atópase baixo unha fina capa de vulnarabilidade finaceira.

Evolución dos custos laborais

Mentres que a Desindexación conxela os presupostos, os custos quéntanse do devir do tempo. Fonte como o Instituto Nacional de Estatística (INE), resume as seguintes subidas.

Custo Laboral total por traballado ó peche do 2024
No cuatro timestre, o custo laboral foi de 3.258€/mes, cun aumento do 3,6% interanual. Os salarios subiron un 3,5%.

Salarios vs Cotizacións
Ano 2023, os soldos brutos creceron un 4,7% mentres que, os custos non salariais (principalmente cotizacións sociais) subiron un 7,3% segundo recolle o INE. Isto reforza a presión recibida no sector social, que depende na súa maioría de axudas.

Incremento acumulado desde 2020
O Índice de Coste Laboral Armonizado (CLA), con base 2020=100, alcanzou 118,4 no cuarto trimestre do ano 2024, un aumento do 18,4% en menos de 5 anos.

Impacto desglosado

Coste salarias por hora aumentou un 2,2% no último trimestre de 2024, por debaixo do incremento total do 3,7% do resto de costes que están á alza. En canto ós custos relevantes para o Terceiro Sector:

  • Educación: subida do 6,4% no primeiro trimestre de 2025.
  • Sanidade: incremento moderado do 1,5%

Contexto Adicional

  • Salario Mínimo Interprofesional (SMI) sube un 61% entre 2018 – 2025, situado en 1.184€ en 14 pagas.
  • Coste laboral medra un 27% entre 2020 – 2024.
  • Os beneficios empresariais por salarios aumentaron un 33% dende 2019, que incrementou a presión presupostaria sobre as entidades que non poden trasladar ditos costes ó prezo de venta.

Conclusións

  • Dende 2015 os costes laborais no sector social creceron de maneira sostida, tanto pola subida dos salarias como polo aumento de costizacións e componentes non salariais.
  • Mentras sectores como educación e sanidade subiron do 1,5% ó 6%, o coste laboral incrementa cerca dun 18+27% en menos de cinco anos.
  • O aumento é significativo para o Terceiro Sector, onde moitas entidades teñen márxenes axustado e dependen de financiación fixa sen posibilidade de actualizar automáticamente os seus prezos.

Resumo, a evolución amosa un claro incremento dos costes no sector social creando un entorno económica máis tenso, especialmente para aquelas organizacións sen ánimo de lucro que prestan serizos esenciais.

Consecuencias da lei do xeo

A conxelación orzamentaria pon en total desvantaxe ás entidades nun cara a cara coa subida do IPC e a súa inflación nos prezos de servizos e produtos. A sustentabilidade dos servizos está en risco.

Ante a imposibilidade de ampliar persoal ou renovar equipamento, a deterioración faise presente na calidade asistencial. Ademais, as entidades non poden dar unha resposta rápida e eficaz ás novas necesidades, como pode ser o aumento da dependencia das persoas usuarias. Este problema, co gravame da crise de persoal ao non poder manter salarios competitivos co sector privado, xera falta de persoal para cubrir as áreas de atención das persoas.

Outro dos problemas son os axustes restrictivos non desexados en alimentación, terapias ou transporte.

Por ende, os colectivos solicitan un cambio, unha revisión de Lei donde:

  • Actualícese progresivamente as contías por concerto ou subvención, conforme ao IPC real acumulado.
  • Habiliten unha fórmula de actualización automática, como noutros sectores estratéxicos ou servizos externalizados.
  • Iniciar unha mesa de traballo coas entidades do Terceiro Sector. Habilitar un espazo de comunicación e comprensión entre as entidades e os responsables das administracións públicas.

Por un instante parece que se esqueceu que as actividades ofrecidas polas entidades sen ánimo de lucro son, na práctica, sustitutivas de funcións públicas esenciais polo que; deben ter un trato económico máis flexible.

Reclamacións do Terceiro Sector

Que tipo de cambios poden aplicarse? É posible e viable legalmente introducir cambios na Lei de Desindexación ou no seu regulamento de aplicación para que, o Terceiro Sector, e en particular as entidades sen ánimo de lucro que prestan servizos esenciais, estean mellor protexidas #ante a subida dos custos.

Que tipo de cambios poden aplicarse?
Algunhas propostas técnicas e xurídicas viables a aplicación poden ser:

  • Cláusula de revisión de prezos específica para o Terceiro Sector. Incluír nos contratos públicos con entidades cláusulas de revisión automática ou semiautomática. Isto non é contraditorio á Lei 2/2015 se se baseen en custos reais e xustificados.
  • Excepcións de custos na normativa de desindexación. Modificando o regulamento da lei ou incluíndo unha disposición adicional na propia lei. Isto debería permitir excepcións para servizos públicos delegados a entidades sen ánimo de lucro, especialmente en ámbitos social, educativo ou asistencial. Argumentando que estas actividades non buscan lucro e son sustitutivas de funcións públicas esenciais.
  • Índices de custos sectoriais alternativos ao IPC. O uso de índices específicos como o índice que reflicta a evolución dos custos no sector social, permitindo uns axustes máis realista que o IPC xeral.
  • Compensación económica en caso de desequilibrio financeiro. Establecer un mecanismo que obrigue á administración para revisar os contratos ou subvencións cando se poida demostrar que exista un desequilibrio por causas alleas á entidade.
  • Fondos de continxencia ou axudas específicas para absorber sobrecustos. Creando partidas orzamentarias públicas para compensar os sobrecustos provocados pola inflación e que eviten a interrupción dos servizos das entidades por falta de recursos.

En resumo as entidades asumen aumentos de custos entre 200.000 e 300.000 €/anuais sen que os seus ingresos aumentasen. Isto reduce a súa capacidade de investimento, innovación e sustentabilidade especialmente en servizos como atención terapéutica ou na renovación de equipos. A situación xera unha tensión financeira estrutural, dada entre as entidades do Terceiro Sector que dependen do financiamiento público.

Para o 2025, estímase unha subida de 175.000€ con respecto ao ano anterior, falamos dun +17,2% de incremento acumulado con respecto ao 2020.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp