As cidades de Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo iluminaron os seus monumentos polo Día Mundial da Parálise Cerebral

As principais cidades galegas tamén se sumaron á celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral, o pasado 5 de outubro. as principais galegas ASPACE- Galicia tamén se une á iniciativa de Confederación ASPACE coa iluminación de diversos edificios emblemáticos das principais cidades galegas.

A Casa Consistorial de Pontevedra, as Fontes da rúa Aragón en Vigo, a Torre de Hércules en Coruña e As Burgas en Ourense ilumináronse de azul e laranxa, as cores do movemento ASPACE, a noite do día 5 en conmemoración do Día Mundial da Parálise Cerebral. En Lugo foi o edifico da Deputación, o que se vestiu se azul e laranxa para conmemorar este día. Neste caso, a iluminación comezou, xa, a noite do día 4 debido á coincidencia do Día Mundial da Parálise Cerebral coa Festividade do San Froilán.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp