Coñece as propostas que facemos da man de Confederación ASPACE e do resto de entidades!

No Movemento ASPACE cremos ca reconstrucción social e económica trala pandemia debe pór en primeiro lugar as necesidades das persoas e ser unha tarefa compartida pola sociedade.  Por esta razón, son necesarias medidas estratéxicas para garantir o funcionamiento dos centros de atención ás persoas con parálise cere­bral e realizar unha aposta decidida tanto pola atención específica como pola súa inclusión na sociedade.

       Como informa Confederación ASPACE, cremos cá reconstrucción do sector social e, en concreto da atención á discapacidade, debe ser a oportunidade para dignifica-la labor de unhas entidades creadoras de emprego estable, cuxo fin é a calidade de vida das persoas usuarias dos seus servizos e as familias. Por iso, vemos imprescindible:

·         Extende-la fórmula do contrato público a todas as comunidades autónomas e aos servizos de atención á persoas con parálise cerebral coa inclusión de cláusulas sociais.

·         Condicións flexibles dentro dos contratos que permitan implementar distintas modalidades de atención.

·         Os módulos económicos dos contratos nunca deben estar por debaixo do coste/praza do servizo e do coste que lle supón prestar ese servizo á administración pública.

·         Creación dun fondo social de emerxencia que sufrague os gastos extraordinarios cas entidades están tendo durante a pandemia.

As entidades de ámbito estatal desempeñan un papel esencial na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade e as súas familias, a vertebración do texido asociativo e a innovación e investigación social para trasferir coñecemento que se aplique na atención directa. Por iso cremos que é necesario:

·         Destinar o 0,7% do IRPF e do Imposto de sociedades a fíns sociais, sen necesidade de marcar ningunha casilla nas respectivas declaracións.

·         Definir criterios claros, obxetivos e transparentes nas convocatorias de axudas, incluindo indicadores de impacto e primando os programas innovadores, de investigación social e de creación de redes e defensa de dereitos.

·         Dotación dun fondo con cargo aos presupostos xerais do Estado para programas xestionados por entidades estatais de discapacidade.

A pluridiscapacidade e as grandes necesidades de apoio fan necesaria unha coordinación sociosanitaria que garantice a posta en marcha de mecanismos e recursos que cubran as altas necesidades das persoas con parálise cerebral ao longo da súa vida, e a través de diferentes servizos. Propoñemos:

·         Considera-los servizos de atención á parálise cerebral como servizos sociosanitarios e pór fin á precariedade da financiación do Terceiro Sector para aborda-la coordinación sociosanitaria con recursos materiais e humáns que sexan necesarios.

·         Establecer unha coordinación efectiva entre as administracións públicas sanitarias, sociais e educativas, e as entidades de atención á parálise cerebral.

·         Desenvolver unha normativa estatal de atención temperá.

·         Recabar datos sobre a prevalencia, distribución por idades, sexo e grao de afectación da parálise cerebral, así como realizar estudos de monitorización de base poblacional.

Todas as dificultades que afrontaron as entidades do Terceiro Sector se trasladaron de forma máis grave ás familias de persoas con parálise cerebral, que durante a pandemia víronse desprovistas de soporte económico e social quedando nunha posición especialmente vulnerable. Vemos importante para elas:

·         Compatibilizar as axudas sociais previas á crise sanitaria coas prestacións extraordinarias previstas para a xestión social e económica do COVID-19.

·         Eliminar o copago dos servizos recollidos na carteira da Lei de Dependencia, e implantar prestacións sociais que contrarresten a reducción drástica de ingresos por causa de ERTE ou desemprego.

·         Impulsar programas dirixidos a ofrecer respiro familiar e estancias temporais.

·         Extender as prestacións sociais concebidas para a axuda de terceira persoa ás familias de persoas adultas, e dotar de fondos extraordinarios a todas as comunidades autónomas para a asistencia domiciliaria.

Vemos imprescindible garantir a igualdade e non discriminación das persoas con parálise cerebral, así como fomentar o seu emprego como mecanismo de inclusión e de desenvolvemento económico.

Se desexas máis información, coñece as nosas propostas para a reconstrucción social e económica.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp