A nova directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez, reuniuse onte coas entidades que conforman o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia). Entre os asistentes, acudiu o representante de Federación ASPACE-Galicia, Eulogio López Río, que planteou os retos máis importantes do ano.
Na reunión estiveron presentes os representantes de FADEMGA-FEAPS, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Organización Nacional de Cegos de España en Galicia (ONCE Galicia), Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES Galicia), Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (DOWN Galicia), Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo de Galicia (AUTISMO Galicia), Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (COGAMI) e Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (FAGAL)
O CERMI Galicia é una organización autonómica sen ánimo de lucro que dende 1999 defende os dereitos das persoas con discapacidade con independencia do territorio no que residan, ciudadáns que teñen os mesmos dereitos e deben ter as mesmas posibilidades de integración e participación social, polo que o CERMI Estatal como os CERMIS Autonómicos actúan por promover a igualdade e o mismo grado de deselvolmente para tódolos ciudadáns con discapacidade.