La tapa podrá probarse del 21 al 30 de abril a un precio de 2,5 euros en Casa Román en Pontevedra
Dende o venres, 21 de abril, ASPACE-Galicia (Federación Galega de Asociacións de Atención á Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns) presenta a mellor tosta do II Concurso gastronómico ‘En ASPACE Cociñamos Xuntos’. Un certamen no que participaron persoas con parálise cerebral das entidades membro de Federación acompañados por un familiar ou un traballador das asociacións.
Nesta edición, a tapa gañadora foi a “TOSTA ENM.” elaborada por Hugo, un neno de 5 anos con parálise cerebral acompañado pola súa nai Carmen, usuario de Amencer-ASPACE de Pontevedra. Entre os ingredientes da receita destacan os cogomelos, os langostinos, o ovo e xamón serrano. Co obxetivo de contribuir á visibilización do colectivo das persoas con parálise cerebral, ASPACE-Galicia achega esta iniciativa á poboación coa distribución da tapa gañadora a 2,5 euros en Casa Román, en Avenida Augusto García Sánchez, número 12. Parte do prezo, 1 euro destinarase a fins solidarios para a adquisición de material adaptado para as persoas con parálise cerebral usuarias de ASPACE-Galicia.
Para seleccionar a receita gañadora, en octubre de 2016 celebráronse tres semifinais. As etapas clasificatorias tiveron lugar na Escola Naval Militar de Marín, en Sada e na aula de cociña do Centro Social de Afundación en Vigo, ubicacións cercanas ás asociacións que participaron no concurso. As entidades involucradas, Amencer-ASPACE, ASPACE Coruña e APAMP atópanse integradas en Federación-ASPACE Galicia. Trala selección das 3 mellores tostas tivo lugar a gran final no Centro Residencial de APAMP en Navia.
En total, 22 tostas que competiron no certamen gastronómico que contou con xurados de excepción. Membros do Grupo Nove como Pablo Romero Huelín, de Viñoteca Bagos; unha cociñeira gañadora dunha Estrela Michelín, Beatriz Sotelo; Alberto Glez. Prelcic, de Restaurante Silabario gañador doutra Estrela Michelín; e Iñaki Bretal, do Restaurante Eirado da Leña. A maiores, blogueiros e personalidades relacionadas co mundo da cociña como Teresa Rico de “Un Momento Dulce”, Carmen Albo de “Guisándome la vida”, Xosé Manuel García, del programa “Come e Fala” da Radio Galega, Iván Méndez de Burbidas Taberna gastronómica e Andrés Pereiro de O Bodegón, de Vigo.