“Os libros apórtanos luz”, así é como comeza a explicarnos neste vídeo, Jorge Santiago (usuario de ASPACE Coruña e encargado da biblioteca) por que a lectura ten un papel tan importante nas nosas vidas. Con motivo do Día do Libro, queremos facer unha homenaxe a aqueles libros que nos transportaron a outros países, a outros mundos, a outras épocas, a outras vidas, que conseguiron servirnos de abrigo, de consolo, comprensión e reflexión.
Nas nosas entidades temos grandes abanderados da tradición lectora. Neste vídeo poderás coñecer ao escritor Sergio González (usuario de Amencer-ASPACE), como é un día na biblioteca de ASPACE Coruña e coñecer de primeira man o conto ‘Elisa no mundo das marabillas‘, un proxecto de APAMP.
Dalle ao play e desfruta!